Ingredientes para 1 persoa:
- 500 gr. de cabracho
- Sal e aceite
- Fariña de garbanzo
- Espinacas
- Semillas de amapola
- Salsa de pemento e tomate
- Semillas de calabaza
Limpamos e salgamos o peixe, se non temos práctica limpando o peixe podemos pedirlle ao noso peixeiro que o faga por nós.
Asegurámonos de que o escarapote non ten nin visceras nin espiñas.
Preparamos un rebozado a base de fariña de garavanzos, sementes de mapoula e aceite. Nun recipiente mesturamos estes tres ingredientes ata conseguir unha mestura homoxénea.
Rebozamos o escarapote na mestura anterior ata que quede ben impregnado. Poñemos unha sarten a lume vivo con aceite e cando estea ben quente botamos o peixe. Unha vez fritido podémolo sobre papel de cociña para escorrer o aceite sobrante.
Cun coitelo picamos as espinacas, poñémolas nunha tixola e botámoslle un chorrito de aceite de oliva e un chisco de sal. Cando as espinacas xa minguaron bastante engadimos as sementes de cabaza e removemos.
Empratamos cunha cullerada de salsa de pemento e tomate sobre a cal colocamos as espinacas e o escarapote.